Lugar resgardado onde se atopa abrigo contra o vento, a chuvia, o frío etc.
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre “abrigar” que vén do latín apricare ‘quentar coa calor do sol’.
Exemplos *
“Un parque, o Hoffman, mínimo, urbano, tras doutros arames verdes. Homeless que proclaman a súa miseria, ou a súa liberdade, ambas as cousas, tirados nos bancos, aterecidos baixo o precario abrigadoiro dos plásticos.” (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños, 2003)
“Todo ó abrigadoiro das toldaxes da Devesa, entre ese parolar maino que non amaña o mundo, pero que o achega a un estado latexante próximo á certeza das cousas que pasan sen moito sentido.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.