Vulto de pequeno tamaño que lles sae aos vexetais no talo ou nas pólas e que dá lugar a novas pólas, follas e flores.
Etimoloxía
Non se coñece con certeza a súa orixe.
Exemplos *
"Consistía nun macizo de caraveis indios, que andaban nos primeiros abrochos, e unhas prímulas en plena floración." (Antón Lopo: Ganga)
"Gavioto regaloulles os ollos e mediu a estatura das damas elegantes que el vira case nacer e despuntaren o corpo coma unha planta de abrochos." (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.