Acción e efecto de abster ou absterse, particularmente nunha votación.
Etimoloxía
Procede do latín abstentio, onis ‘acción de abster’, derivado de abstinere ‘ter a distancia, absterse’.
Exemplos *
"Consultas previas feitas na confederación de comunas que hoxe enchen o país evidencian abstención total." (Xoán Ignacio Taibo: A fundición e outras narracións)
"A masiva abstención electoral dos polacos con motivo das eleccións de finais de outubro de 1991, coma a dos húngaros nas sucesivas consultas celebradas, é un indicio dun e doutro, como o son os movementos laborais de contestación que proliferan por todas partes." (Carlos Taibo: Europa sen folgos. Para entendérmo-los problemas das periferias europeas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.