abuso

Práctica inxusta ou deshonesta

Etimoloxía

Termo procedente do latín abusus, ‘emprego de algo ata o agotamento’.

Exemplos *

“Alí dicía que os traballadores do ferrocarril estaban dispostos a intervir con forza ou violencia para non permitir o abuso que supón a paralización dos traballos.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Pouco a pouco foi abríndose a min , e souben da súa vida catastrófica; dos abusos de seu pai, o alcoholismo da nai, e o estado de completo abandono en que viviu desde que era unha nena .” (Natalia Carou Figueira:O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.