Chegar á fin, ter fin
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o termo “cabo” que vén do latín caput que significa ‘cabeza’.
Exemplos *
“Se non está hoxe, estará mañá, e podemos facer festa os dous días. Agora, vai acabar os traballos da casa e logo, á noite, vides todos.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / A noite dos cans doentes, 2012)
“Chegaba ao traballo antes da hora e marchaba dez minutos despois de acabar a xornada.” (Clara do Roxo: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Surrealidades, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.