acalentar

Adormentar ou facer calar un neno con arrolos, cantos, aloumiños etc.

Etimoloxía

Considérase que deriva de calar, aínda que con influencia dalgunha outra forma no resultado final.

Exemplos *

"O meu neno pequeniño quen o ha de acalentar, a súa nai vai no muíño e o seu pai vaina buscar." (Xavier Castro: Servir era o pan do demo)

"Dicíame que o rapaz choraba sempre e aínda máis ó collelo no colo para acalentalo." (Manuel Reimóndez Portela: Un médico na aldea)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.