Acción de acampar
Etimoloxía
Termo que procede do verbo “acampar” e este do italiano accampare, ‘poñerse en campo fronte ao inimigo’.
Exemplos *
“O prezo inclúe a acampada no cámping da praia fluvial, onde terá lugar o festival, sita a trinta quilómetros.” (Xavier Sanmartín: O Correo Galego, 05-05-2002)
“A acampada, de balde, está permitida durante 5 días, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.” (Lara Rozados: A Nosa Terra, 26-06-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.