Facerlle caricias a alguén.
Etimoloxía
Deriva de cariño, que inicialmente tiña un sentido próximo á nosa morriña e procede do verbo latino carere 'carecer'.
Exemplos *
"O Director sorriu con amplitude, dándolle confianza, e a piques estivo de lle acariñar a caluga como se fai cun fillo moi pequeno e moi perdido." (Francisco Castro: Spam)
"E non deixaba de acariñar, moi amodo e dun xeito algo distante, a cara, agora violentamente rubia, do acovardado rapaz." (Paco Martín: A bisneta lercha)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.