accesibilidade

Calidade de accesible.

Etimoloxía

Cultismo procedente do latín accessibilitas, –atis 'accesibilidade'.

Exemplos *

"Outra cousa é que as prestacións ofrezan accesibilidade social." (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe)

"As residencias de maiores da Coruña reciben unicamente un "aceptable", tras a análise das infraestruturas, a atención asistencial, a seguridade, accesibilidade, a limpeza e as condicións que reúne para os internos se sintan como na casa." (Galicia Hoxe 04-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.