acea

Muíño situado nun río, que ten unha gran roda vertical que transmite a forza da auga

Etimoloxía

Palabra que bebe do árabe as-saniya ‘nora’, ‘a que ergue a auga’.

Exemplos *

“Diego de Amoeiro, en 1556, era dono dunha acea, que levaba o muiñeiro Bartolomé Rodríguez das Airas, quen toma en foro do Br. Simón López e de súa muller Catalina González, veciños de Ourense, pola vida de ambos.” (Olga Gallego Domínguez: A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos, 2001)

“Case todos acaban cheos, pero, naturalmente, uns máis ca outros. O muiñeiro é dos primeiros en perder o acordo e hai que traelo aquí, á acea. Como teu pai é o amo e sabe gardarse sen caer na borracheira é tamén o encargado de carretalo.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe / Félix, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.