acendalla

Todo o que se utiliza para que o lume prenda con facilidade

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “acender” e este vén do equivalente latino accendere.

Exemplos *

“Amais da leña amontoada, Iuri Andréievich recolleu no alpendre pitelas e paraza desprendida enteiramente dos toros e curvada coma a cana dunha bota, para usalas de acendalla.” (Borís Pasternak: Doutor Zhivago,[trad. Aleksandr Dziuba] 2024).

“—Mañán cediño, cando leve o armentío ó brañal, xuntarei acendalla no bravádego pra faguer unha lumeirada.” (Manuel Roel Longueira: Contos e poemas dun autor ignorado, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.