acetileno

Gas incoloro e tóxico un pouco máis lixeiro ca o ar, que ao arder desprende unha chama moi brillante e unha gran cantidade de calor, e se utiliza en diversos procesos industriais.

Etimoloxía

Probablemente nos chegase a través do francés acétyléne, pero, en último caso, formouse a partir do elemento latino acetum 'vinagre'.

Exemplos *

"Xa o antigo faro, que funcionaba a base de leña, carbón ou acetileno, segundo os tempos, e do que aínda se conservan restos, destacaba sobre os demais." (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)

"… foi en tal ocasión que se fixo uso, por primeira vez en Cuba, dun aparello de acetileno pra cortar ferros." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.