Persoa que está unida a outra por lazos de parentesco, amizade, achego ou outros vínculos.
Etimoloxía
Procede do participio do verbo latino applicare 'achegar'.
Exemplos *
"Era, teimou, unha mísera cabana, outrora refuxio de traballos nas chousas do lado, agora acubillo dos seus achegados." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
"A nivel persoal e social, o móbil permítenos estar en continua relación cos achegados …" (Galicia Hoxe 26-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.