Arte de traballar o acibeche / Taller onde se traballa o acibeche
Etimoloxía
Termo que se crea tomando a palabra “acibeche” como base que procede o árabe hispánico azzabáǧ, este do clásico sabaǧ, que remite ao persa šabag, nome da pedra.
Exemplos *
“[As xornadas] Desenvolvéronse na Facultade de Filosofía e contaron con encontros con ourives composteláns e diferentes conferencias sobre a prataría e a acibecharía.” (María Vila Camino: Nós Diario, 18-10-2024)
“O Concello de Santiago pula por restaurar pezas antigas de acibecharía” (Ana Triñáns: El Correo Gallego, 25-10-2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


