Composto químico capaz de liberar protóns que, combinado con bases e con algúns metais, dá lugar a sales.
Etimoloxía
O nome procede do adxectivo latino acidus –a –um, ‘ácido, agre’.
Exemplos *
“Din que llelas levou o aire das píntegas. Pero iso é pola súa parte unha explicación máxica. As unllas foron comidas polo ácido da sosa.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
“-Ti non estás ben da cabeza -díxolle, convencido de que tiña que haber ácido lisérxico conectando as neuronas do aragonés.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.