Pan sen fermento
Etimoloxía
Voz que bebe da latina azȳmus, e esta da grega ázymos ‘sen fermento’
Exemplos *
“Sábese que só come pan ácimo, que fala tódalas linguas e sábeo case todo, que viste de amarelo, que leva cabelos longos e vermellos e barba cana, e que dorme de pé.” (Xoán Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario de seres míticos galegos, 1999)
“Uns rillotes mastigaban , sentados nas escaleiras dunha praza , unha froita púrpura e acuosa que chamaron sandía e unha pasta branca que envolvían en pan ácimo, á que chamaban queixo.” (Xosé Miranda: O demo á orella, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.