Ángulo formado polo plano vertical dun astro e o plano meridiano do punto de observación
Etimoloxía
Termo culto que nos chega desde o árabe assumūt, pl. de samt ‘direccións’.
Exemplos *
“O sonar é basicamente un sondador ultrasonoro, pero moito máis complexo porque o seu transdutor ten que ser capaz de dirixi-la transmisión das ondas ultrasonoras en dúas direccións, que son os 360º no plano horizontal e 90º en vertical e o rexistrador ten que presenta-la información tamén no acimut e en altura.” (Eduardo Soto Álvarez e José Benito Suárez Costa: Competencia de mariñeiro, 1990)
“Son pois, necesarias, observacións astronómicas de latitude, lonxitude e acimut nun dos vértices da rede de triángulos para calcular iguais elementos respecto a todos os demais.” (Manuel Rey: Gciencia, 12-6-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


