aciñeira

Árbore da familia das fagáceas (Quercus ilex), propia do clima mediterráneo, de folla perenne e madeira dura e compacta, co tronco robusto de cortiza escura, que ten como froito a landra.

Etimoloxía

A nosa forma procede da do latín vulgar ilicina, a partir da do latín clásico ilex, ilicis.

Exemplos *

"Para pór a funcionar o alambique, teriamos que prender o forno de leña de aciñeira, o que aínda leva un bo tempo …" (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)

"Xa en campo aberto a ás poucas horas de partir, detivéronse a repousar á sombra dunha frondosa aciñeira." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.