acio

Conxunto de uvas presas a un mesmo pé saído das ramificacións do talo.

Etimoloxía

Procede do latín acinu, e este, á súa vez, do grego akinos 'bago de uva'.

Exemplos *

"Iamos como unha piña, charlando das nosas cousas ou como un acio de uvas que se vai desfacendo en anacos cada vez que chegabamos á casa dalgunha de nós." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

"… a tristura podía ser un can con dentes de arame que rabuña as entrañas ata deixalas sen líquido, sen zume de pomelo, sen doces caramelos de laranxa, só rabos de cartón envolto en mercurio, só un acio de uvas brancas prematuras, augustas, amargas como a vida." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.