acne

Enfermidade da pel, sobre todo da cara e das costas, que se caracteriza pola formación de espiñas e grans.

Etimoloxía

As súas orixes están no grego, aínda que non hai acordo entre os estudosos sobre a forma concreta da que procede.

Exemplos *

"… xa lle dera as oportunas ordes ao barbeiro a fin de que me deixase medrar a pracer unhas patillas que xurdían mestas e atrevidas por enriba do decisivo e brutal combate coas derradeiras pegadas do acne." (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)

"… un nariz de aguia, uns ollos separados, unha pregadura nas perfebas, unhas orellas de soprón, unhas meixelas comestas polas febres ou polo acne." (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.