acochos

Xogo infantil no que un dos xogadores debe atopar os que están acochados.

Etimoloxía

Esta palabra deriva do verbo acochar, do que non se sabe con seguridade a orixe, se ben se apunta que proceda do latín coactare 'apertar'.

Exemplos *

"Ela, pola contra, escollía os acochos máis difíciles e inaccesibles, de tal xeito que en ocasións o seu amigo tardaba horas en localizala: ocos de castiñeiros, eidos de millo …" (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

"Imprímenlle, co ton e os movementos, alto erotismo ao tema mercantilista en que se ensarillan, mentres semellan xogar aos acochos." (Euloxio R. Ruibal: Narberguán. Guión de cinema)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.