acoller

Proporcionarlle hospitalidade, protección ou axuda a alguén

Etimoloxía

Sobre o verbo latino colligere, ‘coller’, adxuntando a preposición a(d)-

Exemplos *

“Xa está ben, Xenebra! Falamos de acoller un ferido, sandalo e mandalo de novo ao seu mundo, non de adoptar un criado co que nos solazar.” (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara, 2007)

“E María e Xosé, certamente, querían instalarse en Cafarnaún, pero na casa de alá andaban con obras moi importantes e moi ruidosas. María, coa axuda das súas parentas, entre elas Lisia, a filla máis nova de Xosé, ía arranxando todo para acoller o seu neno.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.