Persoa encargada de acomodar os espectadores nos asentos que lles corresponden, nun teatro ou sala de cine
Etimoloxía
Palabra que nos che desde o latín ”accommodator” que significaba ‘operario que axusta’.
Exemplos *
“Na parte central do primeiro anfiteatro hai un palco para as autoridades. Mentres os espectadores buscan o seu sitio coa axuda dos acomodadores, no foxo os músicos afinan os instrumentos.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?, 1992)
“O acomodador colleuno por un brazo e empuxouno cara a porta, rifándolle furioso. Pasando diante dun espello do hall, velaí que albiscou no seu pescozo unha mínima manchiña de sangue.” (Antón Risco: Tánata, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.