acompañamento

Música ou conxunto de melodías que acompañan a melodía principal.

Etimoloxía

Deriva de acompañar, e, en última instancia, de compaña, do latín vulgar *compania 'grupo de persoas que comparten o pan', composto de cum 'con' e panis 'pan'.

Exemplos *

“Con bases melódicas para dotar os seus temas de todo un pouco. Hai oco para pistas sen alardes, con apenas un acompañamento de guitarra, e outras, con bases electrónicas, violíns de sons árabes...” (J. Eireo: Galicia Hoxe 19-04-2009)

“A berceuse corresponde a unha composición instrumental, xeralmente para piano, escrita en compás de 2/4 ou 6/8, cunha melodía afectuosa e un acompañamento cuxo ritmo imita o arrolar do berce.” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.