acordar

Deixar de estar durmindo

Etimoloxía

Procede do latín vulgar *accordare, formado sobre cor, cordis ‘corazón’.

Exemplos *

“...dun acordar nunha cama revolta, vencida pola luz, e unha muller que acorda ó teu carón e che pide un Gauloises.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“Sen máis, fomos durmir e quedamos en que o primeiro que acordase chamaría polo outro.” (Xesús Franco González: Matalote, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.