Conxunto de tres ou máis sons musicais que se emiten á vez combinados de maneira harmónica.
Etimoloxía
Formouse sobre acordar, que remite ao latín *accordare ‘poñer de acordo’.
Exemplos *
“Escoitamos a Ricardo declamar que do ruído ten xurdir o son, do son os acordes, dos acordes a melodía, e da melodía unha mantenta de xenios da música.” (An Alfaya: A Nosa Terra 25-11-2010)
“Todo era cuestión de espir o maxín, deixar as roupas nun recanto, e intentar recibir sen ningún tipo de prexuízo aquela acelerada progresión de acordes que puña banda sonora á vida moderna.” (Xabier López López: Os libros prestados)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.