acoro

Opresión ou angustia causada por un temor / Perda do alento, sensación de non poder respira

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “acorar” procedente do latín vulgar *accorare ‘aflixir’.

Exemplos *

“E el querería virarse invisible, non ter saído nunca da aldea para non pasar por tal acoro. Se daquela tivese os seis mil reás con que librar do servicio do rei...” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)

“O Teixo, temeramente lourido, sentiuse dominado por un estraño acoro perante a morte inevitable do ancián sacerdote.” (Xosé Ramón Díaz Sánchez: Pacífico Sul, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.