acorro

Acción de acorrer, prestarlle axuda a alguén nunha necesidade ou nun perigo

Etimoloxía

Forma acurtada do verbo “acorrer” que bebe no latín accurrere ‘correr cara a’.

Exemplos *

“Xa badalean coma tolas as campás da igrexa anunciando o incendio, e chegan deica min os berros de acorro e os brados dos veciños que acoden en fatos, nun esforzo vao, para matar o lume.” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue, 1989)

“Miras o reloxo con cada enfermo, acumulas atraso, acoutas conversas, minoras a escoita, limitas exploracións, dosificas a empatía (...) e, ás veces, fas terapia con aqueles que veñen pedir acorro.” (Martiño Noriega: Nós Diario,7-6-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.