acougo

Parada no traballo.

Etimoloxía

Deriva de acougar, que ten orixe latina, ben no verbo cubare 'asentar', ben en collocare 'poñer unha cousa no seu lugar', engadíndolles o prefixo ad.

Exemplos *

"Traballo como unha burra, sen acougo, apenas hai noites para botar un sono e un xa ten as costas tesas, mancadas da auga coa lixivia." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

"A maldición das zapatillas vermellas obriga a bailar sen acougo, sen se deter". (Lauraa Caveiro: As naos afondando)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.