acrópole

Parte máis elevada e xeralmente fortificada das antigas cidades gregas, onde se localizaban os lugares de culto.

Etimoloxía

O termo procede do gredo akropolis, -eos ‘cidade alta’ ou ‘cidadela’, formado a partir de acros ‘extermo’ ou ‘altura’ e polis ‘cidade’.

Exemplos *

“Nun día de folga, traballadores temporais de Cultura bloquearon onte o acceso á Acrópole de Atenas” (De Luns a Venres 14-10-2010)

“¡Ah, poñede atención, que velaí vén Filócrates I, a quen Gurgullo, confunde con Filócrates II, xa de volta da Acrópole!” (Agustín Magán: Farsa Plautina. Sobre textos de Tito Maccio Plauto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.