activista

Partidario do activismo (Defensa das ideas políticas, sociais etc., por medio de calquera método, incluso da violencia).

Etimoloxía

Deriva de activo, que chegou desde o latín activus, -a, -um ‘que actúa’.

Exemplos *

“O activista non só se mobilizaba, tamén construía poder popular, non esperaba conseguilo todo pasivamente a través das institucións, que se sabia eran moi difíciles de mudar …” (Manuel Mera: O Xornal de Galicia 07-11-2010)

“Tampouco era un activista sectario, e sempre tiven a impresión que a súa evolución ideolóxica e maior compromiso político non o illou de amigos e compañeiros de mocidade.” (Manuel Mera: Sermos Galiza 10-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.