acto

Cada unha das partes principais en que se divide unha obra de teatro

Etimoloxía

Voz que procede da latina actus.

Exemplos *

“—Eu xa nacín actor . A miña nai cagoume correndo o terceiro acto de LA MALQUERIDA.” (Manuel Lorenzo: A larva furiosa, 2003)

“—E, de súbito, xusto despois de estampar o seu nome ao final do 2º acto, sentín aquel perfume. E comprobei, marabillado, que aquela historia vivía.” (Miguel Anxo Fernán Vello: Cuarteto para unha noite de verao, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.