actor, actriz

Persoa que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica

Etimoloxía

Palabra que se orixina no latín actor,-oris co significado 'o que fai mover, o que representa, orador, o que executa ou dirixe'.

Exemplos *

“Os dous coinciden que " o teatro é a máxima expresión para un actor, porque non hai como dicir o texto, expresalo e ter diante o público que amosa a súa reacción inmediata".” (Albino Mallo: Galicia Hoxe, 21-02-2005)

“Ela é unha actriz moi expresiva e necesita cantar, bailar, moverse.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 21-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.