Construción en forma de ponte para conducir as augas salvando un desnivel do terreo
Etimoloxía
Voz que procede do latín aquaeductus, que é unha composición coa palabra aquae de ‘auga' e ductus 'condución'.
Exemplos *
“A aparición en Lugo, dos restos do acueduto romano, en pleno centro da cidade, na rúa San Marcos non trae de actualidade nada en especial, pois Lugo é, como a definiu Cunqueiro no seu discurso do Bimilenario de 1975, "a Roma de Finis Terrae".” (Henrique Alvarellos: Galicia Hoxe, 8-3-2011)
“No lugar de Lousadela atópase un acueduto que como xa indiquei levaba unha presa de auga para un prado por enriba do río.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.