adarve

Camiño no alto dos muros dunha fortificación, detrás do parapeto

Etimoloxía

Termo que procede do árabe hispánico ad darb ‘camiño’.

Exemplos *

“O adarve da muralla, o paseo máis transitado de Lugo.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 27-11-2014)

“No fondo da miña memoria permanecerá sempre viva a vez primeira que percorrín, nun lento paseo, un bo treito do amplo adarve das murallas lucenses na compaña silente de Anxel Fole (...) e as cordiais explicacións e reflexións de Ramón Piñeiro.” (Salvador García-Bodaño: O Correo Galego, 3-2-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.