adella

Canle de madeira do muíño por onde cae o gran desde a moega ata a moa e que se pode graduar para que estea máis ou menos inclinada

Etimoloxía

Vocábulo que toma como base de derivación o latín adere ‘xuntar’.

Exemplos *

“O gran métese na moega ou temoia que comunica coa quenlla, caneta ou adella. Vai caíndo, a modo, da primeira a esta que é coma unha canle que cadra mesmo por riba dun buraco que ten a moa no seu centro.” (Begoña Bas López: Construccións populares galegas, 1980)

“Este aparello permite bota-lo gran na adella e deixa-lo muíño a moer soio, e por outra banda non deixa que o muíño moa en van ou ande na pedra producindo o conseguinte desgaste da mó e do pé.” (Xavier Lores Rosal: Os muíños, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.