Que pertence a unha seita ou asociación ou segue unha idea ou doutrina.
Etimoloxía
Cultismo que xorde no latín adeptu ‘acabado, conseguido, logrado’
Exemplos *
“Neste sentido tanto ten como vista Messi, pois o que agardan del os adeptos do Barça ou os amadores do xogo bonito en xeral é que lles faga un traxe ás defensas rivais.” (Bieito Iglesias: De Luns a Venres, 16-01-2013)
“Daquela a homosexualidade feminina acadara bastantes adeptos e o voyeurismo sempre espertaba interese, moi especialmente para os non iniciados.” (Sabino Torres: As tres columnas. Crónica sentimental da Moureira das putas, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.