adestrador, -a

Persoa que, mediante os exercicios adecuados, prepara os deportistas para que estean en forma e manteñan a disciplina

Etimoloxía

Fórmase por sufixación deverbal a partir de 'adestrar', que á súa vez remite á base adxectiva 'destro' (do latín dexteru ‘destro, hábil’).

Exemplos *

“Fran González e Míchel Salgado serán os adestradores da Selección Galega o vindeiro 20 de maio, na súa volta sete anos e medio despois.” (Redacción: Galicia Confidencial, 14-6-2016)

“A exfutbolista e adestradora Vicky Vázquez será a encargada de dirixir as Celtas, o novo equipo de fútbol feminino do Real Club Celta.” (Y.C.M.: Nós Diario, 30-5-2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.