Despedida / Expresión de despedida
Etimoloxía
Palabra resultado da expresión a Deus [sexas] que era a fórmula de despida formal.
Exemplos *
“Dóenme xa os ollos e as mans / de tantos adeuses... / Ás veces un home nace para a dor / e para sentir aló no peito / o eco esmorecido / de voces e nomes / que foron morrendo...” (Salvador García-Bodaño: Ao pé de cada hora, 1967)
“Os rapaces que o viñeran despedir camiñaban xa polo peirao rumbo a Curro e xiraban a cabeza de vez en cando para volver a erguer os brazos dándolle un novo adeus ao mestre que, naquel intre, xa estaba dominado pola nostalxia e empezaba a lembrar, como se dunha película se tratase, o vivido naquela illa.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.