Acumulación de graxa no tecido celular, en particular cando se localiza nunha zona determinada
Etimoloxía
Vocábulo derivado co sufixo –dade sobre “adiposo” que remite ao latín adeps, adipis ‘graxa’.
Exemplos *
“Agora hai que ter un corpo modelado, perfecto: delgadísimo pero con musculatura e vigor. Toda adiposidade está definitivamente proscrita.” (Mónica Sabbatiello: O Correo Galego, 24-2-1996)
“Nunca se fixara que, detrás daquelas actuais adiposidades, que detrás daquela gordura incipiente e daquel rostro fatigado, aniñara a beleza.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.