Acción e efecto de adiviñar
Etimoloxía
Termo derivado sobre o verbo “adiviñar” que procede do latín vulgar *addivinare e este do clásico divinare ‘predicir o futuro’.
Exemplos *
“O berro ritual máis empregado é o de "salto por riba do lume de San Xoán, pra que non me trabe nin cobra nin can". O día de San Xoán é, igualmente, tempo axeitado para a adiviñación do porvir.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)
“O remate do ano tamén supón un momento propicio para a adiviñación e os oráculos co obxectivo de velar por un ano próspero.” (Mar Álvarez: Diario Nós, 30-12-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


