administración

Conxunto de persoas e organismos que se ocupan da xestión dos asuntos públicos

Etimoloxía

Vocábulo culto que nace do latín administratio,-onis ‘acción de prestar axuda, execución ou administración’.

Exemplos *

“A produción de leite na Galiza superou toda unha serie de adversidades e ten futuro, mais para iso é preciso que a administración galega considere este sector como estratéxico na economía galega (...)” (Elías Somoza Regueiro: Galicia Hoxe, 30-11-2012)

“Existen moitos ámbitos nos que é necesario actuar dende a administración pública e que, ao noso ver, son prioritarios.” (Manuel González: O Xornal de Galicia, 06-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.