administración

Establecemento onde se vende lotaría.

Etimoloxía

Palabra que procede do latín administratio, –onis que significaba 'a acción de prestar axuda ou asistencia'.

Exemplos *

"O propietario da administración vendeu na última semana sesenta décimos do número agraciado co primeiro premio do sorteo de onte da Lotería Nacional." (O Correo Galego 04-02-1996)

"… a quen lle ían pedir unha recomendación para que lle concedesen a Concha unha administración de lotería na vila." (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.