Aquilo que se pon para facer máis fermosa unha cousa ou persoa
Etimoloxía
Palabra que nos leva a “adobiar” que, á súa vez, procede do francés antigo adober ‘nomear cabaleiro’ que remitía ao franco *dubban ‘golpear’.
Exemplos *
“Os adobíos supoñen o ornato nos traxes dos distintos personaxes. En primeiro lugar están as medallas que locen no peito os Xenerais da Ulla.” (Carme Fidalgo Colmeiro e Matías Rodríguez da Torre: Os Entroidos da Ulla, 2008)
“Convén dignificar a tradición, darlle ás máscaras e pelicas todo o seu esplendor e beleza, coidándoas, así como os adobíos do traxe, ás chocas antigas, ós panos, ós báculos ou fustas, ós xeitos de moverse e danzar, de acometer...” (Felipe Senén: La Opinión A Coruña, 15-2-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


