Persoa que está na adolescencia
Etimoloxía
Vocábulo culto que ten a súa orixe no latín adolescens, -ntis ‘que medra’, logo substantivarase como ‘mozo’ ou ‘moza’.
Exemplos *
“Cachei esta ladroa a roubar no armario! -berrou Brais.
-Iso é mentira! O voluntario achegouse aos adolescentes e obrigou a Pereira a afrouxar a presa.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
“Había un home que mira uns fogos artificiais coma se non houbese nada máis fermoso no mundo, unhas adolescentes alleas á marabilla.” (Berta Dávila: A arte do fracaso / Correspondencia, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.