adoración

Amor extremo

Etimoloxía

Palabra que nos chega directamente do latín adoratio que significaba ‘acción de adorar’.

Exemplos *

“Marcial de Parada era un home feliz que tiña unha mágoa fonda fincada no peito por non saber tocar ningún instrumento, pero suplía esa eiva descansando a súa adoración nos músicos aos que, malia non teren gravado ningún disco, lles pedía autógrafos.” (Antón Riveiro Coello: Casas baratas, 2006)

“Os primeiros desamores soen marcar e non é raro que a adoración mude en odio e ata en noxo.” (Xosé Luís Martínez Pereiro: As irmás bastardas da ciencia. Antoloxía de sedes clandestinas, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.