Que fai durmir
Etimoloxía
Vocábulo derivado que toma como base “adormentar” que se forma sobre “dormente” que procede do participio presente dormentem, de dormire ‘durmir’.
Exemplos *
“Mentres tanto Grainné, axudando ao seu destino, preparou unha apócema adormentadora capaz a tombar a cada home que a bebese nove veces e mesturouna no hidromel que aquela noite sería servido quente aos convidados.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)
“Existe unha influencia somnífera e adormentadora que semella pender sobre esta terra e que mesmo se estende pola atmosfera. Algúns din que enfeitizou o lugar un importante doutor alemán ó principio da colonización; outros afirman que foi un xefe indio.” (Washington Irving: A lenda de Sleepy Hollow [Trad.: José Álvarez Vázquez], 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


