Facer durmir a alguén
Etimoloxía
Palabra que procede da frase latina formada por ad ‘a’ e dormiente ‘que dorme’.
Exemplos *
“Retornou ao seu provisorio refuxio e ficou adormecido nun estado de desvelo incompleto onde sono e vixilia convivían. Perdeu a noción do tempo incrustado naquel escuro amparo, sentindo só a ondulación do barco que o adormentaba con vigor.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
“Non había tatuaxe exótica no peito do tío Henrique, nin cicatriz de coitelada ruín; se aniñou amor prohibido no corazón de Esperanza, adormentouno o bo xuízo.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.