Instruír nunha doutrina
Etimoloxía
Termo derivado que toma como base “doutrina” que procede da palabra latina doctrina ‘ensino’, ‘instrución’ ou ‘ciencia’.
Exemplos *
“O discurso histórico intentou crear e adoutrinar patriotas, e a boa fe que o conseguiu, como proban tres grandes guerras entre alemáns e franceses.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia / II. Pensar e narrar a historia das mulleres, 2012)
“Houbo outros profesores, como António da Silva Leitão, que rexeitaron o convite das organizacións corporativas a se dirixiren ao público para adoutrinar o pobo sobre os beneficios do Estado Novo.” (Alberto Pena: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas / A produción cinematográfica portuguesa e o Movemento Nacional español (1936-1939), 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.