adquisición

A cousa que se adquire ou compra

Etimoloxía

Termo que procede do latín tardío adquisitio ‘aumento’

Exemplos *

“Cada avance era moi celebrado por toda a familia porque lles permitía cobrar máis pola miña exhibición. Tan pronto puiden terme de pé comezaron a amortizar a miña adquisición e o gasto que producía, que era ben pouco.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“Lourdes, muller aforradora _dela dicían que peseta que caía nas súas mans non vía máis a luz_ tiña os cartos para a adquisición e enfrontouse valentemente coa nova aventura.” (Sabino Torres: As tres columnas, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.